La Semana foi unha revista editada na Coruña en 1882. Historia e características
Subtitulada Revista ilustrada, apareceu no 1 de maio de 1882. Publicábase os días 1, 8, 16 e 24 de cada mes. O seu propietario e director era Ricardo Caruncho. O último número coñecido é o 8, de 24 de xuño de 1882.
Categoría:Prensa escrita da Coruña
Categoría:1882 en Galicia