Unha libación é un ritual que consiste na vertedura dun líquido en ofrenda a un deus ou espírito ou na memoria daqueles que morreron. Era unha práctica común nas relixións da antigüidade.Louise Bruit Zaidman and Pauline Schmitt Pantel, Religion in the Ancient Greek City, traducido por Paul Cartledge (Cambridge University Press, 1992, 2002, orixinalmente publicado en 1989 en francés), p. 28.

Para as libacións, empregábanse diversos tipos de substancias, sendo a máis común o viño e o aceite de oliva, e na India, o ghee. Os recipiendtes usados no ritual, como a patera, adoitaban ter unha forma significativa que os diferenciaba dos vasos normais. A libación podía facerse enriba dun lugar relixiosamente relevante, como un altar, ou na mesma terra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Relixión da Grecia antiga