Isabel Carrasco Lorenzo, nada en Campo y Santibáñez, provincia de León, en 1955 e finada en León o 12 de maio de 2014, foi unha política española que desempeñou toda a súa carreira en Castela e León. Foi membro e presidenta do Partido Popular de León.

Asasinato Morreu tiroteada o 12 de maio de 2014, pola tarde, en plena vía pública da Cidade de León, en Castela e León, pouco antes de dirixirse a Valladolid a un mitin electoral. A muller e a filla do inspector xefe da comisaría de Astorga foron detidas como presuntas autoras materiais do asasinato. As primeiras investigacións apuntaron a unha vinganza como motivo do crime, xa que a detida de menor idade foi despedida do organismo provincial.

Polémicas Ao longo da súa carreira política foi protagonista de distintas polémicas; foi condenada nos tribunais polo presunto amaño dunhas oposicións na Deputación de León, foi acusada de pasar quilometraxe non realizado no erario público, foi tamén polémico o seu aumento de soldo (un 13% en xulio de 2011), en plena crise económica e co apoio do PSOE, e foi tamén acusada de pagar tratamentos de beleza con diñeiro público.

Tamén era coñecida como a muller dos trece soldos, acumulando 150.000 euros anuais. Os cargos que chegou a ocupar foron os seguintes:

Presidenta do PP de León. Concelleira do Concello de León. Presidenta da Deputación de León. Presidenta do Consorcio do Aeroporto de León. Presidenta do Instituto Leonés de Cultura. Presidenta do Consorcio Provincial de Turismo. Presidenta de Gersul. Conselleira de Tinsa. Conselleira de Caja España. Conselleira da Asemblea Xeral de Caja España. Conselleira de Viproelco. Conselleira de Inmocasa. Vicepresidenta de Invergestión.

Notas

Categoría:Asasinatos en España Categoría:Nados en Cuadros Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Políticos do PP Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Conselleiros da Xunta de Castela e León