O Palacio de Inverno, localizado no banco do río Neva, foi construído en San Petersburgo (Rusia) entre 1754 e 1762 por orde de Catarina a Grande como residencia de inverno dos tsares. O edificio, deseñado por Bartolomeo Rastrelli, é de planta rectangular, de estilo barroco ruso de mediados do século XVIII. Posúe 1.786 portas e 1.945 fiestras. Ten unha magnífica fachada.

Na actualidade alberga unha das maiores pinacotecas do mundo, o Ermitage. A galería militar, aberta en 1826, ten 332 retratos de líderes militares do exército ruso durante a invasión de Rusia por parte de Napoleón.

Logo da Revolución de Febreiro converteuse en sede oficial do Goberno provisional. Foi o principal obxectivo militar dos bolxeviques durante revolución de outubro de 1917.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do museo Hermitage

Categoría:Arquitectura de Rusia Categoría:Palacios Categoría:San Petersburgo Categoría:Edificacións de institucións políticas