O antropónimo masculino Teófilo pode referirse a: Teófilo, arconte epónimo de Atenas en -348 e -347. Teófilo, personaxe a quen están dedicados o Evanxeo de Lucas e os Feitos dos Apóstolos. Teófilo de Antioquía, sexto bispo de Antioquía (Siria) no século II. Teófilo de Cesarea, bispo de Cesarea Palestina (ou Cesarea Marítima), morto en 195. Teófilo, patriarca de Alexandría entre 385 e 412. Teófilo, emperador bizantino entre 829 e 842, o segundo da chamada dinastía frixia. Teófilo Presbítero, beneditino do século XII, autor de varios tratados artísticos considerados precedentes da historiografía da arte. Teófilo Braga, político, escritor e ensaísta portugués (1843-1924). Teófilo Caamaño, mariñeiro e guerrilleiro antifascista galego (1912-1997). Teófilo Borunda, político mexicano, membro do Partido Revolucionario Institucional (n. en 1912). Teófilo Cubillas, futbolista peruano (n. en 1949). Teófilo Comunicación, editorial de Santiago de Compostela.
Źródło i licencja
Na podstawie: Wikipedia — Teófilo · historia autorów.
Tekst: CC BY-SA 4.0.
Informacja o opracowaniu
Usunięto składnię wiki i szablony; dłuższe teksty skrócono.