Un sindicato é unha agrupación de traballadores organizados para loitar pola defensa e promoción dos seus intereses sociais, económicos e laborais, con respecto ao centro de produción (empresa, fábrica) ou ao empregador.
Xeralmente o termo é aplicado ao sindicato obreiro, formado polo proletariado industrial, pero tamén pode referirse a outros grupos, como o sindicato campesiño, que agrupa os traballadores do campo, o sindicato agrícola, que agrupa sobre todo os grandes propietarios rurais, o sindicato patronal, ou agrupación de empresarios para defender os seus intereses, e o sindicato de estudantes, que agrupa fundamentalmente estudantes universitarios.
Sindicatos Galiza
Sindicatos de clase
Confederación Intersindical Galega (CIG) Unión Xeral de Traballadores (UXT-Galicia) Comisións Obreiras (CCOO) Central Unitaria de Traballadores (CUT) Confederación Nacional do Traballo (CNT) Confederación Xeral do Traballo (CXT) Unión Sindical Obrera (USO) Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG)
Sindicatos agrarios
Sindicato Labrego - Comisións Labregas Unións Agrarias (UUAA) Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia
Sindicatos do ensino
ANPE Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia (FSIE-GALICIA) Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG)
Sindicatos da Función Pública
CSI-CSIF
Outros sindicatos
Sindicato de Xornalistas de Galicia Sindicato Galego de Profesionais do Espectáculo Sindicato Galego do Espectáculo Federación Noroeste de Asociacións Sindicais de Representantes de Comercio
Estranxeiro AFL-CIO
Véxase tamén
Ligazóns externas Guía da comunicación da Xunta de Galicia
Categoría:Sociedade Categoría:Economía Categoría:Sindicalismo