Denes é unha editorial valenciana fundada no ano 1987, especializada en libros en valenciano (ensaio, dicionarios, poesía, infantil) e tamén en castelán. empezou a actividade das súas edicións cos dicionarios e as obras do lexicógrafo Francesc Ferrer Pastor, que desenvolveu o seu traballo dende o ano 1956. Descrición No seu catálogo atópase a Col·lecció Rent de literatura relixiosa contemporánea, dirixida por Agustí Colomer,Agustí Colomer "Molts autors tenen un component religiós lligat al compromís social" en Ciudad de Alcoy o 3 de febreiro de 2013 . que comprende diferentes xéneros: narrativa, poesía, ensaio, teatro, homilética e outros, que pon ao alcance do público un conxunto de obras sobre literatura de inspiración cristiá feita dende o século XIX aos nosos días, en valenciano.Rafael Prats Rivelles, "Libros relixiosos" Levante-EMV, 14 de abril de 2008 . Son textos que reúnen os valores estéticos, culturais e espirituais duns escritores que mostran nas súas creacións a beleza e a profundidade dun humanismo ao mesmo tempo arraigado e transcendente, segundo o seu director."Un llibre inèdit de Domínguez Barberà inicia la col·lecció Rent" Levante-EMV, 23 de abril de 2008 . A colección alterna escritores da literatura universal e autores valencianos. O nome da colección, de resonancias evanxélicas, é tamén unha homenaxe aos valencianos que crearon a asociación La Paraula Cristiana, cuxo boletín titulábase Rent.Vicent Josep Escartí, "Rent i Martí Domínguez" Saó, n.º 329, xuño de 2008 .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Edicions Tres i Quatre Ligazóns externas Editorial Denes

Denes