¡Despertad! foi un periódico anarcosindicalista aparecido en Vigo entre 1928 e 1930.
Historia e características Apareceu en 1928 para substituír a El Despertar Marítimo. Publicación decenal, logo semanal, órgano da Federación Regional Marítima, afecto á CNT. Estivo dirixido por José Villaverde Velo. Entre os seus colaboradores figuraron Dalmacio Bragado, Antonio Ramos Varela e Eladio Díez. Serviu de enlace entre as diferentes tendencias da CNT. Foi substituído por Redención Marítima.
Viviu unha segunda época, dende 1977, cando menos ata 1978, co subtítulo de Orgao da Federación local da CNT-AIT de Vigo.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Exemplar de ¡Despertad! da Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo.
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1928 en Galicia Categoría:Sindicalismo anarquista Categoría:CNT