Inocente Domínguez Gaona, coñecido como Gaona, nado en Capiatá (Departamento Central) o 24 de decembro de 1945, é un exfutbolista paraguaio. Xogaba de defensa.
Traxectoria Chegou a España dende o Libertad de Asunción en 1968. Na tempada 1968–69 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, da man de Cheché Martín. O seu debut produciuse na primeira xornada, nunha derrota a domicilio fronte o CD Málaga (3–1). Esa campaña xogou 8 encontros máis, sen coñecer en ningún a vitoria.
Na tempada seguinte foi cedido ao Nàstic de Tarragona, da Terceira División, regresando a continuación á Coruña. Permaneceu na disciplina branquiazul durante dúas tempadas máis, pero sen xogar ningún encontro oficial. Co club coruñés sufriu un descenso a Segunda División na campaña 1969–70, con ascenso a Primeira na seguinte tempada.
En 1972 fichou polo Racing de Ferrol, co que xogou nas temporadas 1972/73 e 1973/74 en Terceira División, e nos seguintes anos pasou polo Lemos e o Arousa, da mesma categoría.
Vida persoal Caso na Coruña con Marisol Carrera Mera, coa que tivo un fillo, Marco Antonio.
Notas
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados no departamento Central Categoría:Futbolistas de Paraguai Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Libertad Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Club Lemos Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Personalidades sen imaxes