Santiago de Bascoi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 125 habitantes (59 mulleres e 66 homes) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 219 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santiago de Bascoi data do século XVII. No interior garda un coro de madeira elevado, situado aos pés, e un arco de triunfo que divide o presbiterio da nave.
A Capela de San Roque e a Virxe do Carme con elementos góticos e barrocos.
O Castelo de Mesía na Pobra, en ruínas. De estilo gótico tardío, consérvanse parte das murallas, o foxo, e indicios da distribución do interior. Mandada construír por Gonzalo Díaz de Mesía, pouco máis tarde pasou a ser propiedade de Gómez Pérez das Mariñas I.
Festas Virxe do Carme, 16 de xullo. Santiago Apóstolo, o 24 e 25 de xullo. Santa Bárbara, 2 de decembro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Bascoi
Parroquias de Mesía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mesía
Ligazóns externas
Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior