Manuel Barbeito Herrera, nado en Ferrol en 1885 e finado en Madrid o 27 de decembro de 1968, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Barbeíto, avogado e secretario do Xulgado de Ferrol. Comezou a súa carreira en Diario Ferrolano. Colaborou despois en El Ideal Gallego, El Noroeste, El Orzán e Marineda da Coruña ata que se trasladou a Madrid en 1922. Foi redactor de Informaciones e correspondente de La Voz de Galicia. De volta a Galicia dirixiu La Voz de Galicia entre os anos 1946 e 1948. Residente novamente en Madrid colaborou en xornais da capital.

Como escritor publicou poesía e foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela de 1918 e nos Xogos da Coruña (1919 e 1920); tamén é autor dunha novela de tema galego titulada El retorno. En 1956 foi galardoado co Premio Rodríguez Santamaría de xornalismo.

Obras De mi viejo solar (1911) Libro de Poesías (1912) Y el bufón reía (1917) El divino monstruo (Editorial Gallega, 1920; novela) La querida del diablo (1925) El retorno (Moret, 1944; novela) La ciudad de los poetas y de las novias del amor ausente (1958)

Vida persoal Casou con Marina Gancedo Martínez en 1926.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1968