O topómino Flandres pode referirse a: Flandres ou Países Baixos españois, nome dado aos Países Baixos españois en España. Flandres, rexión autónoma de Bélxica. Flandres Occidental, provincia de Bélxica. Flandres Oriental, provincia de Bélxica. Condado de Flandres, entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987). Independizouse deste reino en 1302, unídose ao Ducado de Borgoña en 1384; en 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549; desde 1713 a 1790 foi unha posesión austríaca e, en 1790, formou parte dos Estados Unidos de Bélxica; desaparercendo dedinitivamente en 1795 coa invasión francesa. Flandres francés, parte do antigo condado, anexionado por Francia en 1678. Na actuialidade é unha rexión non administrativa do noroeste da República francesa, fronteiriza con Bélxica, no departamento Nord. Flandres zelandés (ou celandés), a parte do antigo condado que se encontra hoxe no suroeste do reino dos Países Baixos, que comprende tres divisións administrativas (concellos) da provincia de Zelandia.

Nota: historiograficamente é habitual designar xenericamente como Flandres a un amplo territorio correspondente a grandes trazos á zona da Europa Occidental denominada actualmente Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo), e a zonas limítrofes das actuais República Francesa e República Federal de Alemaña: a totalidade da zona setentrional do Estado Borgoñón (1363–1678). a totalidade dos Países Baixos dos Habsburgo (1477-1794). a totalidade dos Países Baixos españois (1555-1700). a totalidade dos Países Baixos austríacos (1714-1795).