O XLII Festival de Eurovisión foi celebrado o 3 de maio de 1997 no Point Theatre de Dublín, Irlanda con 3.500 espectadores. Os presentadores foron o cantante Ronan Keating e a presentadora Carrie Crowley.
Katrina & The Waves, representando ao Reino Unido, foron os vencedores con tema "Love Shine a Light", recibindo a máxima puntuación de dez países cun total de 227 puntos, resultado que permaneceu como o máis alto ata a chegada do sistema de semifinais en 2004, edición a partir da cal permitiuse que os países eliminados puidesen tamén emitir os seus votos, aumentando considerablemente o número de votos.
Logo da controversia creada o ano anterior co sistema de preselección de países para participar no festival, introduciuse un novo sistema: os países coa media máis baixa de puntos durante os cinco anos anteriores quedarían excluídos para o festival deste ano. Deste xeito, o número de participantes activos quedaría reducido a só vinte e cinco.
Israel decidiu non participar ao coincidir a data de celebración do certáme co Día en recordo do Holocausto, sendo cedida a súa praza a Bosníaca e Herzegovina. Tamén foi a última vez que Italia participa no festival ata a edición de 2011.
Nesta edición, cinco países (Alemaña, Austria, Suecia, Suíza e o Reino Unido) utilizaron por primeira vez o sistema do voto telefónico como unha forma de contrarrestar os baixos índices de audiencia nestes países e de achegar o evento a unha audiencia máis jóven. Os resultados do televoto, foron nalgúns casos, distintos aos entregados polo xurado profesional. Islandia, por exemplo, recibiu 16 dos seus 18 puntos grazas a este sistema.
O escenario estaba inspirado no novo mundo das telecomunicacións. Anna Maria Jopek, Marcos Llunas, Alla Pugacheva, ou os vencedores Katrina & The Waves foron algúns dos nomes máis importantes desta edición.
Participantes A seguinte táboa mostra os resultados das 25 cancións participantes. Os países en letra grosa clasificaron automaticamente para a edición de 1998. # País e TV Intérprete(s) Canción Lingua Lugar Puntos 1 CyBC Hara & Andreas Constantinou Mana mou Greego 5 98 2 TRT Şebnem Paker & Grup Etnic Dinle Turco 3 121 3 NRK Tor Endresen San Francisco Noruegués 24 0 4 ORF Bettina Soriat One step Alemán 21 12 5 RTÉ Marc Roberts Mysterious woman Inglés 2 157 6 RTVSLO Tanja Ribič Zbudi se Esloveno 10 60 7 SSR SRG Barbara Berta Dentro di me Italiano 23 5 8 NOS Mrs. Einstein Niemand heeft nog tijd Neerlandés 22 5 9 RAI Jalisse Fiumi di parole Italiano 4 114 10 TVE Marcos Llunas Sin Rencor Español 6 96 11 ARD Bianca Shomburg Zeit Alemán 19 22 12 TVP Anna Maria Jopek Ale jestem Polaco 11 54 13 ERR Maarja-Liis Ilus Keelatud maa Estoniano 8 82 14 RTVBIH Alma Čardžić Goodbye Bosníaco 18 22 15 RTP Célia Lawson Antes do adeus Portugués 24 0 16 SVT Blond Bara hon älskar mig Sueco 14 36 17 ERT Marianna Zorba Horepse Grego 12 39 18 PBS Debbie Scerri Let me fly Inglés 9 66 19 MTV V.I.P. Miért kell, hogy elmenj? Húngaro 13 39 20 ORT Alla Pugachova Primadonna Ruso 15 33 21 DR Kølig Kaj Stemmen i mit liv Dinamarqués 16 25 22 FT2 Fanny Sentiments songes Francés 7 95 23 HRT E.N.I. Probudi me Croata 17 24 24 BBC Katrina & The Waves Love Shine a Light Inglés 1 227 25 RÚV Paul Oscar Minn hinsti dans Islandés 20 18
Votación Sistema de votación
Cada país tiña un xurado de 16 membros (fóra diso os países que ocuparon o voto telefónico) co que se outorgaba de 12, 10, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2 a 1 puntos aos seus dez cancións favoritas.
Táboa de votacións Procedemento de votación usado: Votación realizada so por televoto. Votación realizada so por xurado.
......Participantes.....Total Chipre 98 0 2 0 3 4 4 10 4 10 5 0 1 0 3 0 12 7 0 1 7 4 4 5 12 Turquía 121 0 0 7 2 0 6 2 7 12 12 0 6 12 5 6 7 10 6 4 0 6 0 4 7 Noruega 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 Austria 12 0 0 0 0 0 0 3 0 0 0 1 0 0 0 0 0 0 5 3 0 0 0 0 0 Irlanda 157 8 6 3 10 1 7 4 10 6 8 7 8 8 10 10 0 0 8 5 10 10 6 12 0 Eslovenia 60 2 10 0 0 0 0 0 0 0 0 2 4 7 4 0 3 5 0 10 0 7 3 0 3 Suíza 5 0 0 0 0 0 0 0 2 3 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 Países Baixos 5 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 4 0 0 0 0 0 0 0 Italia 112 6 5 0 1 1 10 10 7 8 4 8 0 6 12 3 5 0 3 7 4 0 10 3 1 España 96 10 4 0 0 6 5 8 6 3 2 4 0 0 8 0 6 12 10 8 2 2 0 0 0 Alemaña 24 0 0 0 3 0 0 5 0 5 0 0 0 0 0 0 0 3 1 0 0 0 5 0 0 Polonia 54 0 0 4 8 0 7 0 1 1 2 6 3 4 2 0 1 0 7 0 5 3 0 0 0 Estonia 82 1 0 0 6 8 3 0 0 12 4 7 6 1 1 1 0 0 4 0 8 8 0 10 2 Bosnia e Hercegovina 22 0 8 0 4 0 0 2 0 0 0 3 0 0 0 4 0 0 0 0 0 0 1 0 0 Portugal 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 Suecia 36 0 0 8 0 5 6 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 6 0 0 7 4 Grecia 39 12 0 5 0 0 0 0 0 0 7 0 0 0 0 0 0 6 0 2 0 0 7 0 0 Malta 66 5 12 10 0 7 0 0 0 6 1 0 0 0 5 0 0 8 0 0 3 1 8 0 0 Hungría 39 0 3 0 0 4 0 0 0 0 0 0 5 5 0 0 0 0 2 0 0 5 2 8 5 Rusia 33 0 0 1 5 0 12 0 8 0 0 0 0 7 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 Dinamarca 25 0 0 7 0 0 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 7 2 0 0 0 0 0 2 6 Francia 95 3 2 12 0 10 2 3 5 0 0 0 12 12 3 6 2 4 0 2 6 1 0 0 10 Croacia 24 4 0 0 0 0 0 0 0 0 0 1 3 0 2 0 5 0 8 0 0 0 0 1 0 Reino Unido 227 7 7 6 12 12 8 12 12 8 5 10 10 10 10 7 12 10 1 12 12 12 12 12 8 Islandia 18 0 0 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 2 0 0 8 0 0 0 0 0 0 0 6 Máximas puntuaciones
Trala votación os países que recibiron 12 puntos (máxima puntuación que podía outorgar o xurado) foron:
N. A De 10 Austria, Irlanda, Suíza, Países Baixos, Suecia, Hungría, Rusia, Dinamarca, Francia, Croacia 3 España, Alemaña, Bosnia e Hercegovina 3 Noruega, Polonia, Estonia 2 Grecia, Islandia 1 Reino Unido 1 Eslovenia 1 Portugal 1 Turquía 1 Italia 1 Chipre 1 Malta
Xurado español O xurado español para esta edición estivo presentado por José Manuel Parada e composto polo piloto Fernando González, a actriz María Esteve, o estudante Manuel do Rosario, a xornalista Yolanda Flores, o cantante Antonio Carbonell (representante en 1996), a estudante Beatriz Rojo, o monitor de equitación Fernando Arias, a cantante Miryam Fultz, a actriz Mari Carrillo, o compositor Javier López de Guereña, a cantante Eva Santamaría (representante en 1993), o deseñador Pepe Louro, a médica Ana Ojeda, o humorista Josele, a ama de casa Pilar Darder e o xornalista Manolo HH. Actuou como presidente Enric Frigola, director do Centro de Televisión Española en Cataluña. O notario foi José Manuel da Cruz Lagunero, o secretario foi Javier González e a portavoz dos votos foi Belén Fernández de Henestrosa.
Véxase tamén Ligazóns externas Letra de todos los temas participantes (orixinal e tradución ao castelán)
Categoría:Edicións do Festival de Eurovisión