miniatura|dereita|220px|Liña da costa de Gales, cos puntos de comezo e fin do camiño. miniatura|Pedra de Chepstow que marca o límite sur do sendeiro, co logo do "dragón cuncha". O sendeiro da costa de Gales () é un paseo de longa distancia que percorre toda a liña costeira de Gales. Foi inaugurado o 5 de maio de 2012, e comprende 1.400 km de camiño entre Chepstow, no sur, ata Queensferry, no norte.

Gales é o primeiro país do mundo en ofrecer unha ruta ó longo de toda a súa costa. O sendeiro pasa por once Reservas Nacionais da Natureza e outras reservas, como as controladas por The Wildlife Trusts ou a Royal Society for the Protection of Birds (RSPB).www.firstnature.com - wales Coast Path Lonely Planet cualificou a costa de Gales no primeiro lugar na súa clasificación das 10 mellores de 2012.Lonely Planet - Lonely Planet’s Best in Travel: top 10 regions for 2012

Características O sendeiro da costa de Gales foi inaugurado o 5 de maio de 2012 como o primeiro sendeiro costeiro do mundo en cubrir toda unha nación. The Guardian, Wales coastal path offers a walk on the wild – and industrial – side, 4 de maio 2012. Data de acceso: 27 de maio de 2014. () Dende o seu punto de comezo, percorre toda a costa galesa de Chepstow no sur ata Queensferry no norte. Moitas partes xa tiñan camiños establecidos como o Camiño do Norte de Gales, a ruta costeira de Anglesey e o Sendeiro de Llŷn. O sendeiro de Pembrokeshire xa estaba pensado como un sendeiro nacional,Pembrokeshire Coast Path National Trail Data de acceso: 27 de maio de 2014. () e no 2011 foi elixido pola revista National Geographic como o segundo mellor destino costeiro do mundo.www.NationalTrails.co.uk - news article Data de acceso: 27 de maio de 2014. ()

O camiño discorre a través de 1.400 quilómetros da paisaxística costa, dende a desembocadura do río Dee, ó longo da costa norte de Gales, coas súas vilas costeiras, sobre o estreito de Menai na illa de Anglesey, dende a península de Llyn pola baía de Cardigan, a través do único parque nacional costeiro de Gran Bretaña en Pembrokeshire, a través de Gower, polo paseo marítimo da baía de Cardiff e na zona do mercado de Chepstow.BBC News Wales - Wales Coast Path nears completion Data de acceso: 27 de maio de 2014. () Toda a ruta é accesible para sendeiristas e, mesmo nalgunhas seccións pode ser utilizada por ciclistas, familias con carriños de bebé, persoas con mobilidade reducida ou xinetes.

A responsabilidade xeral de establecer a ruta acadouse co Consello de Campo de Gales (agora Recursos Naturais de Gales), mais a xestión sobre o terreo corresponde ás 15 áreas do goberno local que atravesa.Countryside Council for Wales: Wales Coast Path Data de acceso: 27 de maio de 2014. () Cinco sendeiros sinalizados como de longa distancia na costa xa estaban establecidos en Pembrokeshire, Anglesey , Gwynedd , Ceredigion e na costa norte de Gales. Estes formaron a base para cinco das oito áreas xeográficas que agora conforman a ruta. As tres áreas restantes compóñense dos condados individuais, combinados e cidades dos condados costeiros.walescoastpath.gov.uk History Data de acceso: 27 de maio de 2014. ()

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do Sendeiro da costa de Gales e

Categoría:Xeografía de Gales Categoría:Sendeirismo Categoría:Turismo en Gales