Santa María de Labacengos é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Moeche. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 229 habitantes (113 mulleres e 116 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 301 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Patrimonio Igrexa de Santa María de Labacengos, do século XVI. Planta rectangular cunha soa nave e presbiterio, e dous corpos engadidos ao muro setentrional. Restaurada. Ermida de San Xiao dos Ósos. Foi propiedade do mosteiro de Oseira.

Lugares e parroquias Lugares de Labacengos

Parroquias de Moeche

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Moeche

Categoría:Parroquias de Moeche Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María