A sociolingüística é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.

Conceptos Hai tres termos importantes para a sociolingüística que poden ser facilmente confundidos entre si:

Variedade: - A variedade é o termo que corresponde, groso modo, ao termo dialecto. Así, por exemplo, as variedades do portugués setentrional son os dialectos do portugués falado no norte de Portugal. A variedade estándar é o padrón lingüístico dunha comunidade. Sociolingüisticamente, é común atopar a variedade estándar preto do centro de decisión e de poder dunha comunidade. Así, en Portugal, a variedade estándar é a falada na rexión de Lisboa. Cada variedade lingüística ten unha gramática propia igualmente válida. Dentro de cada variedade hai tensións e grupos sociais con trazos propios. Dentro de cada variedade lingüística hai variación interna en función dos varios criterios: idade, sexo, escolaridade etc. Variante - O termo variante utilízase nos estudos de sociolingüística para designar o ítem lingüístico que é branco de mudanza. Así, no caso dunha variación fonética, a variante é o alófono. Representa, polo tanto, as formas posíbeis de realización. Variábel - A variábel é o trazo, forma ou construción lingüística cuxa realización presenta variantes observadas polo investigador.

Ás veces establécese unha distinción entre a sociolingüística e a socioloxía da linguaxe, cuxo foco estaría no efecto da linguaxe na sociedade. A sociolingüística ten autonomía propia como para que non sexa moi preciso estabelecer esta diferenza xa que estamos a falar do estudo do mesmo feito social: a relación entre a lingua e a sociedade.

A sociolingüística sincrónica céntrase na estrutura sociolingüística e as variacións lingüísticas que dependen das situacións e actitudes dos falantes, mentres que a sociolingüística histórica ou diacrónica ocúpase do cambio lingüístico, a adquisición e difusión das linguas.

Historia Aínda que o aspecto social da lingua teña chamado a atención desde cedo, pénsese no lingüista suízo Ferdinand de Saussure no inicio do século XX, foi talvez nos anos 1950 cando comezou a investigarse seriamente.

Pioneiros como Uriel Weinreich, Charles Ferguson e Joshua Fishman chamaron a atención sobre unha serie de fenómenos interesantes, tales como a diglosia e os efectos do contacto lingüístico.

Mais pódese dicir que a figura chave foi William Labov, quen nos anos 1960 realizou unha serie de investigacións sobre a variación lingüística entre a cidade de Nova York e a vila de Martha's Vineyard, investigacións que revolucionaron a nosa comprensión de como os falantes utilizan a súa lingua e que acabaron por resolver o paradoxo de Saussure.

Sociolingüística galega Canto á sociolingüística galega, podemos mencionar algúns investigadores e obras relevantes como: miniatura|Historia da lingua galega. Xesús Alonso Montero: Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973) Francisco Rodríguez Sánchez: Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia (1976) Xesús Ferro Ruibal: A igrexa e a lingua galega (1987) Pilar García Negro: O galego e as leis (1991) Manuel Portas Fernández: Língua e sociedade na Galiza (1991) Xosé Rubal Rodríguez: A Lingua do Alumnado e Profesorado nas Franxas Occidentais de Asturias, León e Zamora (1992), conxuntamente con Daniel Veiga Martínez e Neves Arza Arza. O galego no ensino público non universitario (1997), conxuntamente con Modesto Aníbal Rodríguez Neira Xosé Ramón Freixeiro Mato: Lingua galega: normalidade e conflito (1997) Ramón Mariño Paz: Historia da lingua galega (1998) Henrique Monteagudo: Estudios de Sociolingüística Galega sobre a Norma do Galego Culto (1995) Historia social da lingua galega (1999) Gabriel Rei-Doval: Publicidade e lingua galega (1995), conxuntamente con Fernando Ramallo A lingua galega na cidade no século XX (2007)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía The Language War, Robin Tolmach Lakoff, University of California Press, Berkeley, California, 2000, hardcover, 322 pages, ISBN 0-520-21666-0

Outros artigos Bilingüismo Diglosia Lingüística aplicada

Ligazóns externas A sociedade galega e o idioma: evolución sociolingüística de Galicia (1992- 2003) Plan de normalización lingüística do concello de Santiago Recursos de Sociolingüística da AS-PG.