Carrícola é un concello da provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana, España.

Historia Ten a súa orixe nunha alquería musulmá que o rei Xaime I de Aragón cedeu xunto coa torre do Castellet, que hoxe atópase en El Palomar, a Berenguela Alonso en 1270. En 1273 pasa, tamén por doazón do rei conquistador, ao bispo de Valencia. A baronía de Carrícola foi vinculada, en 1477, polo cardeal Lluís Joan del Milà i Borja e recalou posteriormente nos Orense e os Tamarit.

Foi lugar de mouriscos e contaba antes da expulsión con 56 casas.

Economía Baseada tradicionalmente na agricultura. A case totalidade dos cultivos son de secaño como amendoeiras, alfarrobeiras e oliveiras. Na zona da Vall d'Albaida Carricola, foi pioneira na introdución da agricultura ecolóxica como iniciativa de desenvolvemento sostible. A través dela puidéronse xerar beneficios económicos e en forma de oferta de produtos que fan factible iniciativas de turismo rural. Carricola é un excelente lugar para o inicio de rutas dentro das paraxes naturais que envolven o municipio encravado no medio da Serra do Benicadell.

Festas San Antonio Abad: fin de semana máis próximo ao 17 de xaneiro. Día da casoleta: martes de entroido. Aparición de San Miguel Arcángel: 8 de maio. Festas patronais: Último fin de semana de setembro. Véxase tamén

Categoría:Concellos da provincia de Valencia