A Nebulosa California (NGC 1499) é unha nebulosa de emisión situada na constelación de Perseus. É chamada así porque parece asemellarse ó contorno do estado de California, Estados Unidos, en fotografías de longa exposición. Ten un tamaño aparente de case 2,5° de longo e, debido ó seu baixisimo brillo superficial, é moi difícil observala visualmente. Pódese observar cun filtro Hβ (que illa o Hβ, na liña de 486 nm) dentro dun rico campo visual no telescopio baixo ceos escuros. Está a unha distancia de preto de 1.000 anos luz da Terra. A súa fluorescencia débese á excitación da liña Hβ da nebulosa pola prodixiosamente enerxética e próxima estrela O7, xi Persei (tamén coñecida como Menkib, véxase na diapositiva de abaixo, no centro cara a abaixo e un pouco cara a dereita)

A Nebulosa de California foi descuberta por E. E. Barnard en 1884.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas NGC 1499 at SEDS Menkhib and the California Nebula by the Wide-field Infrared Survey Explorer (WISE)

Categoría:Constelación de Perseus Categoría:Nebulosas de emisión