Sharpless 2-106, Sh2-106, S106 ou máis popularmente coñecida coma o Anxo de Neve Celestial, é unha rexión de formación de estrelas bipolar, cunha forma que lle dá a aparencia dun anxo celestial coas súas "ás" despregadas de preto de 2 anos luz de diámetro. Fica a preto de 2.000 anos luz da Terra, nun sector relativamente illado da Vía Láctea, na rexión H II da constelación de Cygnus.
A forma de ás de anxo son debido a unha estrela de gran masa, que, debido á súa alta actividade expulsa cara a fora dous lóbulos xemelgos do gas quente de cor azul brillante. Tamén ten un anel de po e gas ó redor coa aparencia dun cinto que se expande e que lle dá a forma dun "reloxo de area".
Grazas ás imaxes nítidas obtidas en febreiro do 2011 polo Telescopio Espacial Hubble, podemos observar que a luz feble que emana da estrela central é reflectida polas partículas de po, iluminando a súa contorna e permitindo observa-las ondas de choque dos gases a medida que interactúan co medio interestelar máis frío. Estas imaxes foron tomadas coa Wide Field Camera 3, usando un filtro na banda visible estreita para illa-lo gas de hidróxeno. Tamén foi combinada con filtros do infravermello próximo, co fin de amosa-lo contraste da estrutura de gas frío e po dos filamentos rizados, de cor avermellada escura, como "veas" arredor dos lóbulos azuis.
Estrela central S106 ten no seu centro un estrela masiva, a cal permanece oculta detrás dunha nube de po e gas, que foi identificada coma "fonte de infravermellos" S106 IRS 4, cunha masa equivalente a 15 soles.
Esta estrela, duns 100.000 anos de antigüidade, emite unha fonte infravermella do tipo 4 (IRS 4) e impulsa a nebulosa bipolar cunha taxa de perda de masa de preto de 1 a 2 veces máis rápido que outras estrelas na secuencia principal cunha luminosidade semellante. Con todo, baseándose na dinámica do vento de raios X da súa luminosidade, a S106 IRS 4 é comparable, polos seus valores observados, coas estrelas masivas máis evolucionadas pertencentes á estrelas xigantes na secuencia principal, suxerindo que o proceso que é responsable da emisión de raios X nas estrelas masivas máis vellas xa está en marcha nas etapas iniciais de S106 IRS 4.
Estudos posteriores desta nebulosa descubriron máis de 600 obxectos sub-estelares ou ananas marróns. Observadas en lonxitudes de onda de infravermellos puros, estas estrelas "marradas" pesan menos dunha décima parte có noso Sol e, debido á súa baixa masa non pode producir enerxía sostida pola fusión nuclear como fai o noso Sol.
A estrela IRS 4 posúe un gran disco de gas e po a rodea, de cor vermella escura, e actúa coma unha nebulosa de emisión, xa que este po emite luz despois de ser ionizado, mentres que o po da IRS 4 máis distante reflicte a luz da estrela e, polo tanto, tamén actúa coma unha nebulosa de reflexión.
Notas
Categoría:Rexións H II Categoría:Constelación de Cygnus