O ducado de Primo de Rivera é o título nobiliario español que Francisco Franco concedeu postumamente, con Grandeza de España por decreto do 18 de xullo de 1948 ao fundador de Falange Española e pai da ideoloxía dominante do réxime, José Antonio Primo de Rivera, III marqués de Estella e Grande de España.
Armas Medio cortado e partido: 1º, en campo de ouro, un león, rampante, de goles. 2º, en ouro, unha aguia de sabre, 3º, en campo de prata, catro faxas, ondeadas de azur. Sobre o todo, un escusón de sabre, con tres luceiros, en faxa, de ouro, surmontados de cinco frechas cruzadas por un xugo, de goles.Elenco de Grandezas e Titulos Nobiliarios Españois, Instituto Salazar e Castro, Revista Hidalguia Madrid, 1989
Duques de Primo de Rivera
Titular Período Creación por Francisco Franco I José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia 1948 II Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia 1948-1964 III Miguel Primo de Rivera y Urquijo actual titular
Historia dos duques de Primo de Rivera
José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia (1903-1936), III marqués de Estella, I duque de Primo de Rivera (concedido a título póstumo), III marqués de Estella. Solteiro. Sen descendentes. Sucedeulle o seu irmán: Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia (1904-1964), II duque de Primo de Rivera, IV marqués de Estella. Casou con Margarita Larios e Fernández de Villavicencio. Sen descendentes. Sucedeulle o fillo do seu irmán Fernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, que casara con María do Rosario de Urquijo e Federico, xa que logo o seu sobriño:
Miguel Primo de Rivera y Urquijo (n. en 1934), III duque de Primo de Rivera, V marqués de Estella. Casou con María de Oriol y Díaz de Bustamante. Casou con Reyes Martínez Bordiú.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía dos duques de Primo de Rivera
Categoría:Grandeza de España Categoría:Ducados de España