Fernando Arrabal, nado en Melilla o 11 de agosto de 1932, é un escritor e autor teatral español ligado a Francia.

Traxectoria miniatura|Fernando Arrabal no festival de teatro ARENA der jungen Künste en 2008. De neno sufriu a misteriosa desaparición do seu pai, condenado a morte e despois fuxido. A causa deste trauma, como escribiu Vicente Aleixandre, o coñecemento que achega Arrabal está tinguido dunha luz moral que está na materia mesma da súa arte. Aprendeu a ler e escribir en Ciudad Rodrigo (Salamanca). Ós dez anos recibiu o premio nacional de “superdotados”, e fixo os seus estudos universitarios en Madrid. Vive en Francia desde 1955. Con Alejandro Jodorowsky e Roland Topor fundou en 1963 o Grupo Pánico. É Trascendent Satrape (Pataphysique) do College de Pataphysique desde 1990.

Casado coa escritora, tradutora e profesora da Sorbona Luce Moreau en 1958, teñen dous fillos: Samuel e LeliaFernando Arrabal.

Ten dirixido sete longametraxes, publicou catorce novelas, libros de poesías, varios ensaios e a súa famosa Carta al general Franco en vida do ditador. O seu teatro completo, editado en diferentes linguas, foi publicado en dous volumes de máis de dúas mil páxinas na Colección Clásicos de Espasa.

Premios Malia ser un dos escritores máis controvertidos do seu tempo, recibiu o aplauso internacional pola súa obra (Gran Premio de teatro da Academia Francesa, o Premio Nabokov de novela, o Espasa de Ensaio, o World Theater etc.) O Colexio de Patafísica distinguiuno co título de "Trascendente Sátrapa" (equivalente do Nobel para este Colexio). Foi finalista do Premio Cervantes 2001 co apoio de Camilo José Cela. O 14 de xullo de 2005 concedéronlle a Légion d`honneur.

Obras

Narrativa Baal Babilonia (Julliard, 1959) El entierro de la sardina (Julliard, 1960) Fêtes et rites de la confusion (Arrabal celebrando la ceremonia de la confusión; Losfeld, 1960) La piedra iluminada (La Reverdie) (Christian Bourgois, 1971) La torre herida por el rayo (Destino, 1983; ISBN 9788423312405) La virgen roja (Seix Barral, 1987; ISBN 9788432205644) La hija de King Kong (Seix Barral, 1988; ISBN 9788432205941) La extravagante cruzada de un castrado enamorado (Seix Barral, 1990; ISBN 9788432206160) La matarife en el invernadero (La tueuse du jardin d'hiver); prólogo de Milan Kundera (Libros del innombrable, 1993; ISBN 978-84-95399-51-9) El Mono (Planeta, 1994; ISBN 9788408011279) Levitación (Le funambule de Dieu) (Seix Barral, 1997) Ceremonia por un teniente abandonado (Espasa, 1998; ISBN 8423979326) Champagne pour tous (Libros del innombrable, 2002; ISBN 978-2234055155) Como un paraíso de locos (Bruguera, 2008; ISBN 978-8402420343) El circunspecto (Reino de Cordelia, 2016; ISBN 978-8415973768)

Coas súas novelas gañou o Premio Nadal e o Nabokov Internacional.

Obra poética Varios libros, algúns ilustrados por Pablo Picasso, Salvador Dalí, René Magritte etc., entre os que destacan: Mis humildes paraísos La piedra de la locura

Obra dramática Unha centena de obras de teatro publicadas en dezanove volumes: El triciclo (1953) Fando et Lis (1955) Guernica (1959) La Bicicleta del condenado (1959) El Gran Ceremonial (1963) El arquitecto y el emperador de Asiria (1966) El Jardín de las delicias (1967) El laberinto (1967) Bestialidad erótica (1968) El Cielo y la Mierda (1972) El cementerio de automóviles (1959) Jóvenes bárbaros de hoy ...Y pusieron esposas a las flores La tour de Babel Inquisición Carta de amor (como un suplicio chino) La noche también es un sol Jóvenes bárbaros de hoy Delicias de la carne

Unha das súas obras dramáticas máis importantes é El arquitecto y el emperador de Asiria , unha obra pánica, escrita na segunda etapa da súa vida dramática.

Obra cinematográfica Fernando Arrabal realizou sete longametraxes como director: Viva la muerte Iré como un caballo loco El árbol de Guernica La Odisea del Pacífico Cementerio de automóviles ¡Adiós Babilonia! Borges: una vita di poesía

Ensaios La dudosa luz del día El Greco Bobby Fischer: el rey maldito Carta al Gral. Franco 1984: Carta a Fidel Castro Carta a Stalin Un esclavo llamado Cervantes Goya-Dalí Echecs et mythes Fêtes et défaites sur l'échiquier Les échecs féériques et libertaires Le frénétique du spasme (1991) Houellebecq!

En lingua galega Os libros de Fernando Arrabal non foron aínda traducidos ao galego. Porén, si que foron representadas as súas obras: Fando e Lis: Sarabela Teatro (1980), Talía Teatro (1995) O triciclo: Sarabela Teatro (1985).

Fernando Arrabal escribe desde hai trinta anos a crónica do xadrez de L´Express; tódolos domingos os seus arrabalescos en El Mundo; a miúdo a tercera do ABC e de cando en vez unha opinión en El País.

Véxase tamén

Ligazóns externas arrabal.org

Categoría:Filósofos de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Premio Nadal Categoría:Nados en Melilla Categoría:Nados en 1932 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Novelistas de España