The Ring é un filme estadounidense de terror dirixido por Gore Verbinski que se estreou no ano 2002. É un remake do filme xaponés Ringu, que á súa vez está baseado na novela de Koji Suzuki Ringu. Protagonizárono Naomi Watts e Martin Henderson.
Existe unha continuación a esta película, The Ring Two, pero que a pesar da expectación que causou, non tivo tan boa acollida como a primeira. Nesta parte explícanse moitos feitos da primeira parte, como a procedencia de Samara e a súa maldición.
Sinopse Rachel Keller, xornalista séntese intrigada cando ela sabe polo seu fillo, Aidan, que a súa curmá Katie, antes de morrer, sabía xa que a morte a levaría pronto. Ela comeza entón a investigar pola súa conta e descobre que outros tres rapaces con quen estaba Katie sete días antes estaban tamén mortos en estrañas circunstancias, aparentemente por culpa dun "vídeo maldito". Rachel e o seu fillo Aidan, son atacados polo espírito dunha nena chamada Samara. Samara está morta nun pozo e aparece ós sete días de ver unha cinta onde se ve a súa morte.
Personaxes Naomi Watts como Rachel Keller Daveigh Chase como Samara Morgan Martin Henderson como Noah Clay David Dorfman como Aidan Keller Brian Cox como Richard Morgan Jane Alexander como Dr. Grasnik Amber Tamblyn como Katie Embry Lindsay Frost como Ruth Embry Rachael Bella como Rebecca "Becca" Kotler Shannon Cochran como Anna Morgan Richard Lineback como Mesoneiro Pauley Perrette como Beth Sara Rue como Neneira Sasha Barrese como Adolescente Adam Brody como Kellen
Galardóns e nomeamentos Ano Premio Categoría Nomeado(s) Resultado2002Saturn Awards Mellor filme de terror The Ring Mellor actriz Naomi Watts 2003MTV Movie Awards Mellor filme The Ring Mellor malvado Daveigh Chase Teen Choice Awards Mellor filme de terror The Ring
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gore Verbinski Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes ambientados en 1978 Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes de terror psicolóxico Categoría:Filmes sobre xornalistas