A laminarina (tamén chamada laminarano) é un polisacárido de reserva formado por unidades de glicosa (un glucano), que se encontra nas algas pardas. Ditas algas utilízano como un carbohidrato alimenticio para o almacenamento enerxético do mesmo modo que o fitoplancto usa a crisolaminarina, especialmente entre as diatomeas. Orixínase como resultado das actividades fotosintéticas da alga. Está formado por un glucano lineal con enlaces glicosídicos β(1→3) e β(1→6). Ten unha proporción β(1→3):β(1→6) de 3:1. A súa hidrólise é catalizada por encimas como a laminarinase () que rompe os enlaces glicosídicos β(1→3).
Notas
Categoría:Polisacáridos