A Asociación Cultural Club Xeitu de la Montaña Asturleonesa é unha asociación cultural dedicada ao estudo, a protección e a divulgación da cultura e o patrimonio histórico, documental, antropolóxico, gráfico, folclórico e natural dos vales occidentais da montaña leonesa e asturiana, especialmente o val de Laciana en León. A presidenta honorífica da asociación é María Luisa Jorissen García e a asociación ten a súa sede no concello de Villablino (León).

Historia A asociación nace en 1999 fundada por unha serie de persoas ligadas ao val de Laciana en León, que desexaban divulgar a cultura tradicional así como tamén o patrimonio histórico e natural da Laciana e os vales veciños da montaña asturleonesa que comparten o dialecto pachuezo como fala propia, como son as bisbarras leonesas de Babia, Luna, Ribas de Sil, e as bisbarras asturianas de Degaña e o Alto Narcea. Aínda que a asociación estuda e divulga todo tipo de temas relacionados con Laciana e os vales veciños esta asociación destaca pola defensa, o estudo e a divulgación da variante local da lingua asturleonesa chamada pachuezo.

Logotipo O logotipo da asociación é o Nacissus pseudonarcissus, unha planta común en todo o norte cantábrico español, e que é coñecida na Laciana e nos vales lindeiros co nome de "gritsándana". Esta planta está bastante estendida no val de Laciana e nos vales veciños, e por esta razón, a asociación decidiu adoptala como símbolo propio.

Actividade A asociación dispón dun boletín periódico chamado Xeitu no que afonda naqueles temas de tipo cultural, folclórico, medioambiental, histórico, lingüístico e arquitectónico relacionados cos vales da montaña occidental asturleonesa.

Unha das principais actividades da asociación é a publicación de libros de temática diversa: dicionarios de pachuezo-castelán, guías de flores silvestres dos vales da montaña occidental asturleonesa, biografías de personaxes locais, historia local, discos de homenaxe etchttp://www.asturnews.com/index2008.php?idn=12156.

A actividade principal da asociación é o estudo e a divulgación da variedade local da lingua asturleonesa chamada pachuezo. A asociación celebra de xeito anual dende o ano 2009 un certame literario chamado Certame Literario Guzmán Álvarez e tamén organiza dende o 2011 un concurso de recollida de toponimia tradicional chamado Concha Lama. De feito, publicou un dicionario de pachuezo, que foi recompilado por Manuel Gancedo en 2013. A asociación tamén celebra recitais de poesía en pachuezo, homenaxes ás figuras importantes da cultural local desas bisbarras leonesas e asturianas (como as homenaxes a Isabel Álvarez, Melchor R. Cosmen e Fernando Mayán) e charlas e exposicións de temas diversos relacionados cos vales da montaña occidental asturleonesa.

A asociación denunciou publicamente o mal estado de conservación de fitos históricos e naturais así como o dano aos espazos naturais ou xacementos históricos. Por exemplo a asociación denunciou o mal estado de conservación da pedra furada de Carrasconte ou o achado nun vertedoiro dunha placa commemorativa dos 100 anos de Sierra-Pambley.

Notas

Véxase tamén Lingua leonesa Provincia de León Asturleonés Villablino

Ligazóns externas Páxina Web da Asociación Club Xeitu

Categoría:Lingua leonesa Categoría:Leonesismo Categoría:Cultura de Castela e León