Pyrolobus é un xénero de microorganismos do dominio ArchaeaVer a páxina do NCBI para Pyrolobus. Datos extraídos de . Comprende a especie Pyrolobus fumarii, o organismo máis termófilo de todos os coñecidos. Non pode crecer a menos de 90 °C e a súa temperatura máxima de crecemento é de 113 °C, a maior de todos os organismos coñecidos. Illouse nunha fonte hidrotermal da dorsal mesoatlántica.
É un organismo anaerobio que obtén enerxía da oxidación de dihidróxeno acoplada á redución de nitrato (formando amoníaco) ou tiosulfato (formando sulfuro de hidróxeno). Tamén pode crecer baixo condicións microaerobias reducindo oxíxeno.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Revistas científicas
Bases de datros científicas
Ligazóns externas
Categoría:Arqueas