San Martiño de Liñaio é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 219 habitantes (104 homes e 115 mulleres), 114 menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación.

Festas Aínda que o patrón sexa San Martiño, (11 de novembro), a súa festa máis importante son As Dores, que se celebra o último domingo do mes de xullo. Tamén se celebra o Santo Antón. Na aldea de Pontevedra celébrase unha romaría o último domingo de maio na honra da Virxe do Bo Suceso.

Lugares e parroquias Lugares de Liñaio

Parroquias de Negreira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Negreira

Categoría:Parroquias de Negreira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours