Herminio Masantonio, nado o 5 de agosto de 1910 en Ensenada (Provincia de Buenos Aires) e finado en Buenos Aires o 11 de setembro de 1956, foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Ostenta a mellor media anotadora da selección de fútbol da Arxentina con 1,10 goles por encontro, tamén é o terceiro máximo anotador da historia do fútbol arxentino, o primeiro da historia do CA Huracán e o 92º do mundo.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística co comezo do profesionalismo na Arxentina en 1931 no CA Huracán, equipo no que xogou doce anos. Tamén xogou no Uruguai no Defensor Sporting e no CA Banfield de novo na Arxentina, onde compartiu dianteira con Armando Farro e Jorge Alcalde.
Retirouse en 1945 despois de 259 goles en 367 encontros na máxima categoría arxentina.
Palmarés Máximo goleador da Copa América (2): 1939 e 1942.
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo Ficha en bdfa.com.ar
Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Xogadores do CA Huracán Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores do CA Banfield Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina