Raphaël Varane, nado o 25 de abril de 1993 en Lille, é un futbolista francés. Xoga de defensa central no Manchester United FC da Premier League. Ademais, é internacional coa selección francesa.

Traxectoria Varane comezou nas categorías inferiores do RC Lens, e comezou a adestrar co primeiro equipo na tempada 2010-11, sendo suplente en varios partidos. O 7 de novembro de 2010, fixo o seu debut coma profesional nun partido de liga contra o Montpellier HSC.

O 27 de xuño de 2011, fíxose oficial o traspaso de Varane ó Real Madrid CF. Asinou un contrato de seis anos, e o custo do traspaso foi de 10 millóns de euros.

Palmarés Club Real Madrid Primeira División (1): 2011–12 Copa do Rei (1): 2013–14 Supercopa de España (1): 2012 Liga de Campións da UEFA (1): 2013–14

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Real Madrid Perfil en UEFA.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Lille Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RC Lens Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022