O río Sarela, tamén coñecido como río dos Sapos, é un afluente do río Sar pola súa banda dereita (Vidán).Na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada indícase de forma incorrecta: "SARELA": Afluente do río Sar que discorre polo concello coruñés de Santiago de Compostela, onde nace na parroquia da Peregrina e desauga na de Laraño."

Nace nas abas do monte Pedroso, na parroquia da Peregrina (Santiago de Compostela), e discorre, ao longo duns 10 km, bordeando polo oeste a cidade de Santiago,O río Sarela e o rego do Corgo en Geocaching. polas parroquias de San Xoán de Fóra, San Froitoso de Fóra, e Vidán onde desemboca no río Sar no lugar da Ponte Vella O Sarela desemboca antes de que o Sar chegue á ponte Vella, no lugar da Ponte Vella, que pertence á parroquia de Vidán. As coordenadas son 42° 51′ 59.45″ N 8° 34′ 27.77″ W..

Os seus afluentes son:

Pola banda esquerda: - o rego dos Vilares, que desemboca na Peregrina, e- o rego ou río Corgo ou Corvo, que desemboca no parque de Galeras. Pola banda dereita:- o rego de Bar, que desemboca nas Casas do Rego (San Froitoso de Fóra). miniatura|240px|esquerda|Primeiro muíño do río Sarela, na parroquia da Peregrina, preto do seu nacemento. miniatura|240px|esquerda|Río Sarela no punto onde conflúe o río Corgo ou rego do Corgo (arriba). Este pequeno río cumpriu antano un papel fundamental no desenvolvemento da zona pola que transcorre, xa que grazas a el obtíñase auga para uso agrario, doméstico ou industrial; ademais, no curso do río houbo varios muíños e establecéronse algúns curtidoiros de coiro nas súas beiras.

Deste uso público como fonte de recursos, de espazos de traballo e de lecer, temos abondosas mostras en todo o seu percorrido. Tamén abasteceu de pesca á poboación e serviu para os xogos e o baño.

Debido a todos estes usos que os composteláns fixeron del, o río sufriu moitas modificacións coa desviación das súas augas para levalas aos muíños, a construción de pontes e camiños a través do seu leito e a ocupación das beiras con muros de vivendas e outras estruturas.

Así como o Sarela acompaña a cidade polo oeste, o Sar faino polo leste, de aí o dito: Entre o Sar e o Sarela, está Compostela.

Toponimia Sarela é un diminutivo da palabra Sar (río no que desemboca). Sar viría dun antigo Sars documentado xa no século I por Mela, que o menciona dúas veces, unha co Tamaris (Tambre) e outra co Ulla augas abaixo de Padrón. Segundo Krahe a forma Sars remóntase a un masculino Saros, raíz hidronímica indoeuropea ser- ou sor- (fluír), vivas no sánscrito actual (sara río, sarit regueiro). Comparten toponimia o galego río Sor e outros ríos franceses (Serre, Sarre), alemáns (Saar), galeses (Cwm Sorgwm) e ingleses (Soar, Sor).Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Notas

Véxase tamén

Outros artifos Sarela (nome)

Categoría:Ríos da provincia da Coruña Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Afluentes do río Ulla Sarela