Santa Irene é un lugar da parroquia de Arca, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE, en 2019 tiña 8 habitantes (3 homes e 5 mulleres). Toponimia O topónimo Santa Irene é un haxiotopónimo referido a Irea de Roma e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación, a carón do Camiño Francés.
Historia
Antes do seu traslado ao Pedrouzo, a casa do concello do Pino atopábase no actual Albergue Público de Peregrinos de Santa Irene, que está a 330 m ao oeste do núcleo principal de casas de Santa Irene, en plena N-547. Patrimonio
A ermida de Santa Irene data do século XVIII e ten unha planta rectangular e dous corpos, sendo o absidal de maior altura e traza máis antiga. No interior destaca un elaborado retablo neoclásico de tres rúas.
Na contorna atópase o chamado castro da Roda do Castro, ao norte do monte de Astrar e ao sueste do núcleo de Santa Irene, nunha cota media de 400 metros. Está pouco alterado, pero non está escavado.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arca
Parroquias do Pino
Notas
Categoría:Lugares do Pino Categoría:Localidades do Camiño Francés
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos