Rosa Dolores Alverío"SAG Awards 2014: Rita Moreno receives lifetime achievement award"; New York Times, nada en Humacao o 11 de decembro de 1931 é unha actriz portorriqueña, coñecida como Rita Moreno. É unha das poucas persoas que gañou os catro principais premios estadounidenses do mundo do espectáculo, Oscar, Tony, Emmy e Grammy.

Traxectoria Coñecida cando nena como "Rosita", mudouse coa súa nai a Nova York en 1936, adoptando o apelido do seu primeiro padrasto. Pouco despois comezou as clases de baile con "Paco Cansino", familiar de Rita Hayworth.Entrevista a Rita Moreno no 2000. Con once anos puxo a súa voz en versións en castelán de filmes estadounidenses. Debutou en Broadway con trece anos.

Comezou a actuar no cinema en 1952 e en 1961 interpretou a Anita no filme West Side Story, personaxe que interpretara Chita Rivera en Broadway. Por este papel gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. A pesar do éxito seguiu recibindo papeis estereotipados de latina.

Entre 1971 e 1977 participou no programa infantil The Electric Company interpretando varios personaxes, especialmente Millie the Helper. Ademais de pequenos papeis noutras series, interpretou unha das protagonistas da serie Nine to Five a principios da década de 1980.

A mediados da década seguinte foi a voz de Carmen Sandiego na serie animada Where on Earth is Carmen Sandiego?.

Filmografía Ano Título 1950 So Young So Bad 1950 The Toast of New Orleans 1950 Pagan Love Song 1952 The Ring 1952 Singin' in the Rain 1952 The Fabulous Senorita 1952 Cattle Town 1953 Fort Vengeance 1953 Ma and Pa Kettle on Vacation 1953 Latin Lovers 1953 El Alaméin 1954 Jivaro 1954 The Yellow Tomahawk 1954 Garden of Evil 1955 Untamed 1955 Seven Cities of Gold 1956 The Lieutenant Wore Skirts 1956 The King and I 1956 The Vagabond King 1957 The Deerslayer 1960 This Rebel Breed 1961 West Side Story 1961 Summer and Smoke 1963 Cry of Battle 1968 The Night of the Following Day 1969 Popi 1969 Marlowe 1971 Carnal Knowledge 1976 The Ritz 1977 Voodoo Passion 1978 The Boss' Son 1980 Happy Birthday, Gemini 1981 The Four Seasons 1991 Age Isn't Everything 1993 Italian Movie 1994 I Like It Like That 1995 Angus 1998 Slums of Beverly Hills 1999 Carlo's Wake 2000 Blue Moon 2001 Piñero 2003 Casa de los Babys 2004 King of the Corner 2006 Play It By Ear 2014 Six Dance Lessons in Six Weeks

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeo

Categoría:Actores de Porto Rico Categoría:Nados en Porto Rico Categoría:Nados en 1931 Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade