Juan Sorga Rodríguez, nado en Cortegada (Sarreaus) en 1921 e finado en París en 2009, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de solteira de Antonia Sorga. Traballaba na sega en Madrid cando aconteceu a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi recrutado polo exército republicano, integrouse no servizo de información e ascendeu a tenente na batalla de Madrid. Coa derrota da República pasou a Francia onde foi internado no campo de concentración de Sepfonds e despois no de Argelès-sur-Mer. Foi deportado a España polas autoridades francesas o 5 de agosto de 1940. Regresou a Galicia onde casou.
Incorporouse á guerrilla en 1947, sendo responsable dun destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Gravemente enfermo dos ollos, foi curado nesta época polo doutor Luís Conde. Foi detido o 13 de xullo de 1948 na ponte romana de Ourense portando unha misiva da guerrilla. Trasladado a Pazos ao día seguinte diante da taberna do seu padrasto Honorio Campos da aviso aos guerrilleiros alí agochados que comezan a disparar sobre a garda civil. Juan conseguiu zafarse e fuxir cos seus compañeiros. A súa nai e Honorio foron detidos. Juan agochouse na casa do seu tío Delfín Sorga en Cortegada. O seu curmán Ismael Sorga Losada e varios veciños foron detidos e Ismael asasinado pola garda civil.Os maquis na Limia (1948): os sucesos de Pazos de Codosedo (Sarreaus).O maquis na Limia. Pazos de Codosedo 2ª parte: a versión da Garda Civil Marchou á Edreira con varios compañeiros. Foi responsable dun grupo voante no que estaban Camilo de Dios Fernández, Manuel Nóvoa Barreiros, Antonio Pérez Barreiros e José María Saavedra Díaz. O grupo marchou a Ourense o 8 de marzo de 1949 integrado por Manuel Rodríguez González, Manuel Nóvoa, Antonio Pérez, José María Saavedra e Camilo de Dios. Localizados pola garda civil na Casa das Mercedes o 18 de marzo, José María Saavedra e Antonio Pérez resultaron gravemente feridos e foron capturados, Manuel Nóvoa suicidouse e Camilo de Dios Fernández foi ferido e capturado, Manuel Rodríguez e Juan Sorga lograron fuxir.
Cando se desfixo o grupo da Edreira, Juan e o que quedaba do seu grupo, Manuel Rodríguez González, Perfecto de Dios Fernández e a súa nai Carmen Fernández Seguín tentaron chegar a Francia. Primeiro a través de Portugal, e logo de vivir uns meses agochados no país, volveron. Fixeron un novo intento vía Madrid. Na viaxe foron sorprendidos pola Garda Civil en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio 1950, resultando morto Perfecto de Dios e detida a súa nai Carmen Fernández Seguín. Juan Sorga e o seu compañeiro Manuel Rodríguez González lograron fuxir e chegaron a Madrid. Cando o 26 de maio viaxaban no tren correo Madrid-Zaragoza, logrou agocharse para fuxir do acoso da Garda civil mentres o seu compañeiro Manuel Rodríguez foi detido. Juan ocultouse debaixo dun vagón e chegou a Zaragoza. Volveu a Madrid, onde grazas a rede de apoio aos republicanos fuxidos conseguiu unha nova identidade, pasando a ser Manuel Iglesias Méndez, e comezou a traballar nun laboratorio. Alí coñeceu a Francisca Muñoz Muñiz con quen comezou unha relación.
A finais dos anos cincoenta trasladouse con Francisca Muñoz a París onde casaron. Juan traballou como fontaneiro na construción. A finais dos anos setenta mercaron un apartamento en Oliva onde estiveron nas vacacións de verán durante moitos anos. Juan finou en Paris en 2009 e Francisca en 2023.Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia).
A súa muller Ángela Sampedro foi detida varias veces e xulgada nas causas 138/49 e 185/49, foi condenada a dous anos de cadea. Recibiu malleiras e sufriu abusos sexuais cando estivo no cárcere de Sandiás.
Vida persoal
A súa primeira muller, filla de Honorio Campos, morreu no parto do seu fillo Delfín en 1944. Casou novamente en Pazos con Ángela Sampedro Piñeiro e foi pai de Juan Sorga Sampedro, nacido en 1948.Manuel Conde: “A historia de Sorga nun país normalizado estaría no cinema”
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Juan Sorga, un fillo do pobo: unha aproximación a loita guerrilleira na Limia
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Sarreaus
Categoría:Nados en 1921
Categoría:Finados en 2009