Jan Bert Lieve Vertonghen (AFI: [ˈjɑn vərˈtɔŋə(n)]), nado en Sint-Niklaas, Flandres Oriental, o 24 de abril de 1987, é un futbolista belga que xoga como defensa central para o SL Benfica da Primeira Liga portuguesa e para a .

Traxectoria Ajax AFC Despois de pasar algún tempo xogando nas inferiores do VK Tielrode e do Germinal Beerschot, Vertonghen trasladouse aos Países Baixos para fichar polo AFC Ajax, comezando desde as categorías. Inicialmente xogou de centrocampista, aínda que finalmente cambiou a súa posición á de defensa central, na cal se desempeña actualmente. Durante a súa instancia co equipo dos reservas, fíxose coñecido por un incidente nun partido de Copa ante o Cambuur, onde marcou un estraño gol: mentres un compañeiro seu estaba a recibir atención médica, deu un pase ao porteiro do Cambuur, pero este non atrapou o disparo, acaparando a atención dos xogadores e dos espectadores. O partido terminaría 3-1 a favor do filial ajacied.

O 23 de agosto de 2006 debutou nun partido da previa da Champions League 2006-07 ante o FC København danés, partido no que o equipo neerlandés quedou eliminado. Fixo ademais o seu debut na liga doméstica ante o Willem II, partido que se xogou no Amsterdam Arena e que se saldou con triunfo local por seis a cero. Até metade da tempada xogou outros dous encontros máis antes de irse cedido ao RKC Waalwijk, equipo onde a pesar de xogar 12 partidos e anotar 3 goles, non puido evitar o descenso de categoría. miniatura|left|Vertonghen con Andriy Shevchenko. Vertonghen regresou ao Ajax para a tempada 2007-08 co fin de asentarse na titularidade, pero unha lesión deixouno apartado das canchas, sumado á consolidación de John Heitinga e de Thomas Vermaelen, que eran os defensas centrais fixos. Aínda así, puido xogar nesa campaña 31 partidos, con dous goles no seu favor, mais o Ajax só acabou na segunda posición, a tres puntos do PSV Eindhoven que se coroou campión.

Despois que Heitinga fichase polo Atlético de Madrid a mediados do 2008, Vertonghen pasou a ser indiscutible, xogando 26 partidos, 23 como titular, marcando catro goles. O 28 de setembro de 2008 anotou un dobrete no triunfo do seu club sobre o Vitesse Arnhem (3-0). En parte perdeuse varios partidos debido a lesións que complicaron o seu regreso aos terreos de xogo.

En 2009, coa chegada de Martin Jol ao banco, Vertonghen foi peza fundamental para o equipo no curso 2009-10. Na campaña xogou 32 partidos, anotando tres goles. É de destacar non só a súa presenza como central absoluto, xunto co tamén belga Toby Alderweireld, senón que atraeu a atención de clubs importantes como o Barcelona ou o AC Milan. Na campaña 2009-10, gañou a copa local ao vencer en dobre final ao Feyenoord.

Na campaña 2010-11, disputou a maioría dos partidos de liga, sendo clave na consecución do título de liga, que non gañaban desde o ano 2004. Participou en 32 partidos, anotando seis goles. No campionato de copa, chegou a unha nova final, aínda que caeu na prórroga ante o FC Twente, mesmo rival na definición da liga.

O curso 2011-12 foi positivo, xa que volveu consagrarse campión de liga na penúltima data, finalizando cun saldo de 32 partidos en liga con oito goles, e na táboa terminou con 76 puntos tras 34 partidos en total.

Tottenham Hotspur Despois de moitas especulacións sobre a súa posíbel fichaxe por algún club importante de Europa, o 8 de xullo de 2012 o Tottenham Hotspur da Premier League inglesa oficializou a súa fichaxe por catro tempadas. Vertonghen fixo o seu debut na Premier League o 25 de agosto de 2012, xogando o noventa minutos e recibindo un cartón amarelo no empate 1-1 do Tottenham ante o West Bromwich Albion en White Hart Lane.

Anotou o seu primeiro gol cos Spurs o 26 de setembro de 2012, no partido do Tottenham contra o Carlisle United pola terceira rolda da Football League Cup. Vertonghen volveu anotar tres días despois, convertendo o seu primeiro gol na Premier League e o primeiro de tres goles do Tottenham na histórica vitoria 3-2 sobre o Manchester United en Old Trafford.

Títulos Campionatos nacionais TítuloClubLigaAnoCopa NeerlandesaAFC Ajax2009–10EredivisieAFC Ajax2010–11EredivisieAFC Ajax2011-12

Distincións individuais DistinciónAno Promesa do Ano do AFC Ajax<center>2008 Xogador do Ano do AFC Ajax<center>2012 Xogador neerlandés do Ano<center>2004 Mellor xogador do mes de marzo Premier League<center>2013 Equipo ideal da Premier League<center>2013

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Soccerbase Perfil no sitio web oficial da FIFA

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas olímpicos de Bélxica Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do RKC Waalwijk Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024