Tobias Albertine Maurits Alderweireld, máis coñecido como Toby Alderweireld (AFI: [ˈtoːbi ˈɑldərˌweːrəlt]), nado en Anveres o 2 de marzo de 1989, é un futbolista belga que xoga como defensa central, aínda que tamén pode xogar de lateral dereito, para o Royal Antwerp FC belga e para a .
Traxectoria Alderweireld comezou a súa carreira no Germinal Beerschot, antes de pasar ao AFC Ajax en 2004 para que se desenvolvese nas categorías inferiores do club ajaccied. O 22 de febreiro de 2007 asinou o seu primeiro contrato, de 3 anos, até o 30 de xullo de 2010. Na campaña 2008-09 ascendeu ao primeiro equipo e debutou ante o NEC Nijmegen no triunfo do Ajax por 4-2. Nesa mesma tempada debutou na Copa da UEFA no empate do seu equipo ante a ACF Fiorentina (1-1). Tras ter varias aparicións no primeiro equipo ampliou o seu vínculo até o 2014.
A finais de agosto de 2013 fichou polo Atlético de Madrid. Debutou co club branquivermello o 19 de outubro de 2013 na derrota por un a cero ante o RCD Espanyol correspondente á novena xornada de Liga. Anotou o primeiro gol coa camiseta do Atlético o 18 de decembro na volta dos oitavos de final da Copa do Rei. Rematou de cabeza un centro de Gabi no desconto que deu a vitoria ao club madrileño por dous a un fronte á UE Sant Andreu. O Atleti desta forma clasificábase para a seguinte rolda por un global de seis a un.
Títulos Campionatos estatais TítuloClubEstadoAnoCopa KNVBAFC Ajax2009-10EredivisieAFC Ajax2010–11EredivisieAFC Ajax2011–12EredivisieAFC Ajax2012–13 Johan Cruijff Schaal AFC Ajax2013DFL-SupercupAtlético de Madrid2013-14
Distincións individuais DistinciónAno Promesa do Ano do AFC Ajax<center>2010
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Transfermakt Perfil en Soccerbase Perfil en BDFútbol
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Anveres Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Southampton FC Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do Royal Antwerp FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022