Donna Belle Mullenger, nada en Denison (Iowa) o 27 de xaneiro de 1921 e finada en Beverly Hills (California) o 14 de xaneiro de 1986 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Donna Reed.
Traxectoria Nada nunha granxa, cando acabou o instituto planeou facerse mestra, pero non podía pagar a universidade, así que decidiu seguir o consello da súa tía e marchar a California a estudar en Los Angeles City College. Alí participou en varias obras teatrais, pero sen ter intención de ser actriz. Tras recibir ofertas de varios estudios, asinou un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer, pero insistiu en acabar os seus estudos.
Debutou no cinema en 1941, sendo acreditada como Donna Adams, mais a MGM decidiu cambiarllo a Donna Reed.
En 1953 interpretou o papel de Alma "Lorene" Burke, moza da personaxe de Montgomery Clift en De aquí á eternidade. Por este filme gañou o Oscar á mellor actriz secundaria.
Entre 1958 e 1966, Reed protagonizou a serie de televisión The Donna Reed Show. Tras acabar o show retirouse parcialmente da interpretación. En 1984 substituíu a Barbara Bel Geddes na serie Dallas.
Finou en 1986 vítima dun cancro de páncreas.
Filmografía AnoTítulo1941The Getaway1941Shadow of the Thin Man1941Babes on Broadway1942Personalities1942The Bugle Sounds 1942The Courtship of Andy Hardy1942Mokey1942Calling Dr. Gillespie 1942Apache Trail1942Eyes in the Night1943The Human Comedy 1943Dr. Gillespie's Criminal Case1943The Man from Down Under 1943Thousands Cheer1944See Here, Private Hargrove1944Gentle Annie1945The Picture of Dorian Gray1945They Were Expendable1946Faithful in My Fashion1946Que fermoso é vivir1947Green Dolphin Street1948Beyond Glory1949Chicago Deadline 1951Saturday's Hero1952Scandal Sheet 1952Os forasteiros1953Trouble Along the Way1953Raiders of the Seven Seas1953De aquí á eternidade1953The Caddy 1953Gun Fury1954They Rode West1954Three Hours to Kill1954The Last Time I Saw Paris1955The Far Horizons 1956The Benny Goodman Story1956Ransom!1956O sexto fuxitivo1956Beyond Mombasa1958The Whole Truth 1974Yellow-Headed Summer
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Donna Reed TCM Star of the Month (Maio de 2010) The Donna Reed Foundation for the Performing Arts Virtual-History
Categoría:Actores de Iowa Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Iowa Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Finados por cancro de páncreas