Vladimir Culafic Dokic, nado en Luge o 27 de novembro de 1951, é un exfutbolista serbio que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria Comezou a xogar na antiga Iugoslavia onde realizou unha ampla traxectoria, xogando no Borac Banja Luka, Buducnost Pec e OFK Belgrado, declarándose campión do campionato de Liga. Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Iugoslavia, coa que debutou en 1983.

En 1979 fichou polo Celta de Vigo, que acababa de descender a Segunda División, debutando a maneira de proba no IX Trofeo Cidade de Vigo. Xogou no Celta dúas tempadas, na primeira das cales foi o máximo anotador do equipo, pero non puido evitar o descenso a Segunda División B. Permaneceu no equipo nesa categoría pero nos últimos meses do campionato foi cedido ao Recreativo de Huelva. Ao rematar a tempada, e co equipo de volta en Segunda División, déuselle a carta de liberdade e fichou polo Cádiz CF, co que só xogou tres encontros pero conseguiu debutar en Primeira División.

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Montenegro Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FK Borac Banja Luka Categoría:Xogadores do OFK Beograd Categoría:Xogadores do Buducnost Pec Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia Categoría:Personalidades sen imaxes