Víctor Ledo Estévez, nado no barrio de Caranza (Ferrol) o 25 de xullo de 1937 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 2010, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Bertón de Caranza, equipo do seu barrio. Despois pasou por diversos equipos, Cervás SD Eumesa e Arsenal. Despois fichou polo CD Lugo onde só xogaría unha tempada antes de fichar polo Racing de Ferrol, onde xogou dúas tempadas. Despois fichou polo Deportivo da Coruña pero tralo ascenso do club a Primeira División foi traspasado ao CE Constància d'Inca en 1962 e despois ao Elche CF en 1964.
No ano 1965 volve ao Racing de Ferrol, onde permaneceu ata o remate da tempada 1973/74. Entre as dúas etapas militou no equipo de Ferrol trece tempadas, sendo o máximo goleador do equipo en moitas delas.
Retirouse do fútbol en activo nun encontro amigábel de homenaxe, entre o Racing de Ferrol e un equipo de antigos xogadores, coma Pedro Amado, Juan Fernández, Santiago Castro ou Fernández Amado. Coma recoñecemento tamén recibiu a Insignia de ouro do club no ano 2001.
Faleceu no ano 2010 con 72 anos, sendo o Vicepresidente da Asociación de veteranos do Racing e Arsenal.
Notas
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Futbolistas de Ferrol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da Sociedade Deportiva Eumesa Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Club Esportiu Constància d'Inca Categoría:Xogadores do Elche CF