miniatura|400px|Esrutura dos metanofuranos.
Os metanofuranos son unha familia de compostos químicos que se encontran nas arqueas metanóxenas, nas que funcionan como coencimas. Estes microorganismos teñen un 2-aminometilfurano enlazado a un grupo fenoxi. Nestas moléculas recoñécense polo menos tres grupos R diferentes: R = tricarboxiheptanoíl (metanofurano), glutamil-glutamil (metanofurano b), tricarboxi-2-hidroxiheptanoíl (metanofurano c, ver imaxe).
Formilación do metanofurano O metanofurano convértese en formilmetanofurano nunha etapa inicial da metanoxénese. O encima formilmetanofurano deshidroxenase () formila o metanofurano utilizando CO2, a fonte dun carbono (C1) primaria na metanoxénese.
Desformilación do metanofurano O encima formilmetanofurano:tetrahidrometanopterina formiltransferase cataliza a transferencia dun grupo formilo desde o formilmetanofurano ao N5 da tetrahidrometanopterina, H4MPT. Este encima foi cristalizado e non contén ningún grupo prostético.
Notas
Categoría:Aminas Categoría:Péptidos Categoría:Coencimas