Dennis Mike Schröder, nado o 15 de setembro de 1993 en Braunschweig, Baixa Saxonia, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional Alemaña Na tempada 2011-12, a súa segunda tempada profesional, xogou 30 partidos co Phantoms Braunschweig, acadando 2.3 puntos, 0.7 asistencias e 0.8 rebotes en 8 minutos por partido.
Na tempada 2012-13 xogou 32 partidos co Phantoms Braunschweig, e fixo 12.0 puntos, 3.2 asistencias e 2.5 rebotes en 25 minutos por encontro. Foi elixido xogador con maior progresión da liga, e mellor xogador novo de Alemaña.
NBA O 27 de xuño de 2013, Schröder foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Atlanta Hawks. O 4 de decembro de 2013, foi asignado ós Bakersfield Jam da NBA D-League.HAWKS ASSIGN DENNIS SCHRÖDER TO BAKERSFIELD JAM Foi chamado de volta polos Hawks o 16 de decembro de 2013.HAWKS RECALL DENNIS SCHRÖDER FROM BAKERSFIELD JAM, ASSIGN JARED CUNNINGHAM
O 25 de xullo de 2018, Schröder foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Hawks e ós Philadelphia 76ers. Debutou cos Thunder ó 16 de outubro de 2018, facendo 21 puntos, 9 rebotes e 6 asistencias na derrota por 100-108 contra os Golden State Warriors.
O 18 de novembro de 2020, Schröder foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio de Danny Green e os dereitos do Draft de Jaden McDaniels.
O 13 de agosto de 2021, Schröder asinou cos Boston Celtics un contrato dun ano.
O 10 de febreiro de 2022, Schröder foi traspasado xunto a Enes Kanter Freedom e Bruno Fernando ós Houston Rockets a cambio de Daniel Theis.
En 2023 foi traspasado aos Toronto Raptors por dous anos, cun contrato de $26 millóns de dólares.
O 10 de setembro de 2023 gañou a final do Mundial de 2023 contra a selección de Serbia, sendo nomeado mellor xogador do campionato.
Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013–14 Atlanta 49 13.1 .383 .238 .674 1.2 1.9 0.3 0.0 3.7 2014–15 Atlanta 77 19.7 .427 .351 .827 2.1 4.1 0.6 0.1 10.0 2015–16 Atlanta 80 20.3 .421 .322 .791 2.6 4.4 0.9 0.1 11.0 2016–17 Atlanta 79 31.5 .451 .340 .855 3.1 6.3 0.9 0.2 17.9 2017–18 Atlanta 67 31.0 .436 .290 .849 3.1 6.2 1.1 0.1 19.4 Total 352 23.7 .434 .320 .827 2.5 4.8 0.8 0.1 12.9
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014 Atlanta 2 3.5 1.000 1.000 .000 1.0 0.0 0.0 0.0 2.5 2015 Atlanta 16 18.1 .386 .235 .857 1.8 3.9 0.6 0.0 9.0 2016 Atlanta 10 19.1 .452 .343 .846 1.9 3.6 0.4 0.1 11.7 2017 Atlanta 6 35.2 .455 .425 .838 2.3 7.7 1.2 0.0 24.7 Total 34 20.6 .429 .345 .856 1.9 4.2 0.6 0.0 12.2
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Xogadores de baloncesto de Alemaña Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores do Phantoms Braunschweig Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Alemáns de ascendencia gambiana