O castro de Traxeito é un poboado castrexo situado nunha pequena plataforma nas saias do monte Meismadela, en Traxeito, (Laíño, Dodro).

Ten forma case circular, alongándose un pouco no sur. A croa é circular con afloramentos no centro, o parapeto está formado por grandes pedras, aínda visibles; e os foxos foron cegado. Conserva algún muro de pedra.

Está recollido no inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia co código GA15033006.

Notas

Traxeito