Cenarchaeum symbiosum é unha especie de microorganismos do dominio das arqueas con forma de bacilo, e a primeira especie descrita do novo filo proposto das Thaumarchaeota. C. symbiosum non é termófila como outras arqueas, senón que vive a temperaturas temperadas (crece ben a 10 °C) e encóntrase habitando en esponxas mariñas como simbionte.
O xenoma de C. symbiosum estímase que ten 2,02 millóns pb, e contén pouco máis de 2000 xenes preditos. Presenta un ciclo do ácido tricarboxílico incompleto, a vía de Embden-Meyerhof, e unha derivación da vía da pentosa fosfato.
Notas
Categoría:Arqueas