Miles Christian Plumlee, nado o 1 de setembro de 1988 en Fort Wayne, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Plumlee foi elixido na 26ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Indiana Pacers. Durante a tempada 2012-13 foi asignado en varias ocasións ós Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League.

O 27 de xullo de 2013, foi traspasado ós Phoenix Suns xunto a Gerald Green e unha elección da primeira rolda do Draft de 2014 a cambio de Luis Scola.

O 19 de febreiro de 2015, Plumlee foi traspasado xunto a Tyler Ennis ós Milwaukee Bucks, como parte dun acordo entre os Suns, os Bucks e os Philadelphia 76ers.

O 2 de febreiro de 2017, Plumlee foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio de Spencer Hawes e Roy Hibbert.Hornets Acquire Center Miles Plumlee From Bucks

O 20 de xuño de 2017, Plumlee foi traspasado xunto a Marco Belinelli e a 41ª elección do Draft de 2017 ós Atlanta Hawks, a cambio de Dwight Howard e a 31ª elección do Draft de 2017.Hornets Acquire Howard and Draft Pick from Hawks

O 7 de xullo de 2019, Plumlee foi traspasado xunto a Solomon Hill ós Memphis Grizzlies, a cambio de Chandler Parsons. O 19 de outubro de 2019, foi cortado polos Grizzlies.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2012–13 Indiana 14 3.9 .238 .000 .750 1.6 0.1 0.0 0.2 0.9 2013–14 Phoenix 80 24.6 .517 – .561 7.8 0.5 0.6 1.1 8.1 2014–15 Phoenix 54 18.6 .549 – .500 5.1 0.5 0.6 1.0 4.3 2014–15 Milwaukee 19 9.9 .492 – .375 2.4 0.4 0.3 0.6 3.2 2015–16 Milwaukee 61 14.3 .601 – .576 3.8 0.3 0.3 0.8 5.1 2016–17 Milwaukee 32 9.7 .441 – .629 1.7 0.6 0.3 0.3 2.6 2016–17 Charlotte 13 13.4 .583 – .750 3.2 0.2 0.5 0.3 2.4 2017–18 Atlanta 55 16.7 .583 – .450 4.1 0.8 0.3 0.5 4.3 Total 328 16.7 .537 – .544 4.6 0.4 0.5 0.8 4.9

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de Allen, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks