U.S. Bancorp, tamén coñecido como U.S. Bank, é unha corporación bancaria radicada nos Estados Unidos de América.

No ano 2001, Firstar comprou U.S. Bancorp e asumiu o seu nome, movendo as súas oficinas centrais á cidade de Minneapolis.

Historia Firstar foi fundada en 1853 en Milwaukee (Wisconsin) como Farmer's and Millers Bank, chegando a ser First Wisconsin National Bank (en galego, Primeiro Banco Nacional de Wisconsin) en 1919. A compañía cambiou o seu nome polo de Firstar en 1988, como resultado da evolución do banco e das súas fusións e adquisicións.

Firstar foi medrando a través dunha serie de fusións e adquisicións, incluíndo Banks of Iowa, Federated Bank, First Colonial Bankshares Corporation, e Investors Bank.

En 1999, foi comprada pola Firstar Star Base (anteriormente First National Cincinnati de Cincinnati), que tomou o nome Firstar. Máis adiante mercou o Mercantil Bancorporation de St. Louis, cinco meses despois. O 27 de febreiro de 2001, Firstar completou a súa adquisición de U.S.Bancorp de Minneapolis, e cambiou o seu nome a U.S. Bancorp.

Evolución 1853: Fúndase Farmers and Millers Bank. 1863: O banco cambia o seu nome polo de First National Bank of Milwaukee. 1894: O First National Bank of Milwaukee fusiónase co Merchants Exchange Bank e coa First Wisconsin Trust Company. 1919: O banco fusiónase co Wisconsin National Bank e cambia o seu nome polo de First Wisconsin National Bank of Milwaukee. 1929: First Wisconsin National e posto administrativamente baixo a Wisconsin Bankshares Corporation. 1958: Wisconsin Bankshares establécese como Southgate National Bank of Milwaukee. 1960: O banco é renomeado como First Wisconsin Bankshares Corporation. 1974: O banco é renomeado como First Wisconsin Corporation. 1987: First Wisconsin fai adquisicións en Illinois e Minnesota. 1989: O banco é renomeado como Firstar Corporation. 1995: Firstar cambia tamén o seu nome polo de Firstar Forward. 1998: Firstar fusiónase co Star Banc.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Firstar timeline: Long road to Minneapolis Introduction about Firstar U.S. Bancorp official site

Categoría:Economía dos Estados Unidos de América Categoría:Bancos e caixas de aforro