Itzaltzu (en castelán e tamén oficial: Izalzu) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 88 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 52 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 7,3 km² e a súa densidade de poboación é de 7,12 hab./km².
Topónimo Izaltzu é un topónimo de orixe éuscaro. O nome antigo de Izaltzu era Yçiçuloa (s.XI) ou Içeyçuloa (s.XII), cando unicamente había un mosteiro no sitio. Este topónimo antigo significa en éuscaro o fondal de abetos, de izei (abeto) e zuloa (burato, fondal). Con posterioridade medrou a vila arredor do mosteiro e o lugar pasou a ser coñecido como Izaltzu. Algúns apuntan a posibilidade de que o nome Izalzu derive de Izizulo, mais os filólogos consideran que son dous topónimos diferentes. Segundo Mikel Belasko, Izalzu significa lugar de sombras, lugar sombrío e provería de itzal (sombra) e o sufixo abundancial -(t)zu.Blog de Toponimia de Mikel Belasko Publicado en Diccionario etimológico de los nombres de los pueblos, villas y ciudades de Navarra. Apellidos navarros. Editorial Pamiela, Pamplona, 1996. 2ª ed, 1999. En éuscaro, o nome da vila transcríbese como Itzaltzu. Dende 2000, son cooficiais o nome castelán e o éuscaro.
Símbolos Escudo O escudo de armas da vila de Izaltzu ten o seguinte brasón:
Este escudo é o brasón privativo do val de Salazar e ó mesmo tempo de cada unha das súas vilas. Simboliza a natureza gandeira do val e a necesidade de defender os animais dos ataques dos lobos.
Xeografía Situación A localidade de Izaltzu atópase na parte Nordeste de Navarra e norte do Val de Salazar a unha altitude de 803 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 7,3 km² e limita polo norte con terreo comunal do Val de Salazar, polo leste e sur coa facería de Izaltzu-Otsagabia e polo oeste co concello de Otsagabia.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Categoría:Concellos de Navarra Categoría:Topónimos con etimoloxía