O Nou Estadi de Palamós é un campo de fútbol da vila de Palamós, na provincia de Xirona, España. Foi inaugurado o 29 de agosto de 1989, e posúe unha capacidade para 5.824 espectadores. Atópase situado na rúa Narcís Pagès i Prats. O seu equipo local é o Palamós Club de Futbol.

Dende a tempada 2014/15 tamén xoga no estadio a Unió Esportiva Llagostera. A imposibilidade de cumprir os requisitos da Liga de Fútbol Profesional para xogar en Segunda división e despois de que as negociacións para xogar no Estadi Municipal de Montilivi non prosperaran, o primeiro equipo do Llagostera optou por xogar no Nou Estadi de Palamós. Aínda que este estadio acolleu partidos de Segunda do Palamós entre 1989 e 1995, houbo que facer algunhas remodelacións.

Notas

Véxase tamén Palamós Club de Futbol Unió Esportiva Llagostera

Ligazóns externas O estadio na páxina web do Palamós CF

Nou Estadi Categoría:Palamós i Sant Joan