A praia de Bens é unha praia situada en Bens, no concello da Coruña. Está composta por area e grava, e atópase rodeada por acantilados. É unha praia airosa e de fortes ondas.
Pódese chegar a ela a través da liña de autobús 6A.
O areal ten escasa ocupación debido á contaminación das súas augas.
Contaminación e verteduras Arredor da praia atópase a EDAR de Bens, a Refinaría da Coruña, a planta de tratamento de residuos de Nostián e unha caseta de bombas de augas fecais do concello de Arteixo. A praia foi empregada como vertedoiro da cidade até que se construíu o vertedoiro de Bens na década dos setentaLas Casas de la Basura La Voz de Galicia Vecinos del extrarradio coruñés protestan por la creciente contaminación El País .
A praia de Bens ten recibido numerosas verteduras contamintantes ó longo do tempo. En 2005, vertéronse na praia máis de 1000 litros de gasóleo procedentes da Refinaría da Coruña, a través do Río NapalUn fallo en el conducto de fuel de Repsol provocó la contaminación de la playa coruñesa de Bens El Mundo . A praia sufriu unha vertedura de lixo procedente da rede de saneamento de Arteixo en 2006Un nuevo fallo en la estación de Arteixo causa otro vertido en Bens La Voz de Galicia La cala de Bens sigue llena de basura tras el vertido del sábado 20 Minutos . No ano 2008, os veciños denunciaron o estado da cala, que se atopaba chea de lixoUna playa convertida en escombrera La Opinión A Coruña . En 2013, operarios da planta de tratamento de lixo de Nostián ameazaron cunha folga por verteduras de lixiviados preto da praia de BensOperarios de Nostián amenazan con una huelga por un vertido El Ideal Gallego . Ese mesmo ano produciuse unha vertedura procedente da EDAR nas inmediacións da praia, bloqueando o paseo entre A Seavella ou O Portiño e a praia de BensLos vecinos de Bens denuncian un vertido en la entrada de la depuradora La Opinión A Coruña .
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bens