Villanubla é un municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, próximo á capital provincial. No seu termo municipal encóntrase o aeroporto de Valladolid.
Lugares de interese Casa da Inquisición, só conserva o escudo gravado a pedra, xa que aloxa un edificio de vivendas. Igrexa románica Convento dos Santos, máis coñecido como La Fuente de Los Ángeles e aberto hai anos como cafetaría e restaurante.
Cultura Entre as súas tradicións máis arraigadas está o "paloteo", baile tradicional que se executa con dous paus e cuxa estrutura musical baséase en estrofas chamadas lazos que se adoita interpretar con dulzaina, entre outros instrumentos.
O día grande da súa festa é o 8 de setembro, e bastante salientable nestas datas é a Feira dos Oficios, que se podería dicir que é unha volta aos tempos de antano: na súa rúa principal, a maior, hai distintos postos con profesións como a bruxa xitana, o barbeiro, o confeiteiro ou a patrulla de gardas civís coas súas capas.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Valladolid