La Juventud Galaica foi un semanario editado en Lugo entre 1880 e 1882.
Historia e características En 1880 apareceu a revista estudantil La Juventud, subtitulada Semanario defensor de los intereses locales, que despois pasou a titularse La Juventud Galaica. Promovido por Francisco Luís López, estaba dirixido por Rafael García Sanfiz, e entre os seus redactores figuraban o propio Francisco Luís López, Carlos Arias Romay, Indalecio Junquera e Manuel Castro López. Cesou a súa publicación en 1882.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1880 en Galicia