Manuel Rodríguez Barros, nado en Ponteareas o 13 de agosto de 1926 e finado o 20 de outubro de 1997 en Vigo, foi un ciclista galego. Manuel foi o menor dos catro irmáns Rodríguez (Delio, Pastor e Emilio) que se adicaron ó ciclismo profesional, ademais da súa irmá Aurita que tamén foi ciclista de competición. Estivo en activo dende 1947 até 1960, participando en dúas edicións do Tour de Francia e cinco da Vuelta a España, na que acadou o segundo posto da clasificación xeral en 1950 tralo seu irmán Emilio.
Resultados nas Grandes Voltas Carreira1948194919501951195219531954195519561957Vuelta a España7º '''2º 22º10º27ºGiro de Italia----------Tour de Francia---44º--45º---
Outros resultados Segundo na Volta a Galicia 1947. Segundo na Vuelta a Burgos 1947. Gañador da Subida a Arrate 1950. Gañador da Subida a Arrate 1951. Segundo na Volta a Portugal 1951. Terceiro na Volta a Cataluña 1951. Terceiro na Volta a Portugal 1952. Terceiro na Vuelta a Asturias 1954. Segundo no Campionato de España de montaña en ruta 1954.
Véxase tamén Ligazóns externas Manuel Rodríguez Barros en El sitio del ciclismo Outros artigos Galegos no Tour de Francia
Rodríguez, Manuel Rodríguez, Manuel