El Soviet foi un semanario editado en Ourense en 1931.

Historia e características Semanario de tendencia comunista, apareceu en 1931. Imprimiuse primeiro en Lalín e despois na imprenta Stéreos do Carballiño propiedade de Benito Godás Retorta. Dirixido por Luís Soto, entre os seus colaboradores figuraron Manuel Gómez del Valle, Antonio Fernández Carnicero, Eduardo Villot Canal e Juan Nóvoa. O número correspondente ao 13 de setembro foi denunciado e secuestrado por un artigo considerado inxurioso para a Garda Civil.La Región, 29-9-1931, p. 1.Galicia, 3-10-1931, p. 8. Tamén foi denunciado o número correspondente ao 27 de setembro polos artigos "Rebeldías" e "República de Trabajadores", rexistraron a imprenta e recolleron os exemplares.El Orzán, 9-10-1931, p. 3. Volveu ser denunciado en novembro por publicar artigos considerados delictivos, e a Garda Civil practicou un rexistro na imprenta do Carballiño onde se imprimía.El Pueblo Gallego, 4-11-1931, p. 8.Galicia, 5-11-1931, p. 1. Gómez del Valle e Eduardo Villot foron procesados por varios artigos. Apareceron 23 números, cesando a súa publicación nese mesmo ano de 1931. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1931 en Galicia